A mobilización saíu este domingo do polígono industrial da localidade e terminou ás portas do concello, onde o presidente do comité de empresa, Manuel Regueiro, agradeceu ás persoas asistentes a súa solidariedade. Demandan a readmisión dos oito traballadores que Transportes Pacholo (unha das compañías subcontratadas para a realización do servizo de transporte de residuos a Sogama) despediu, así como o cesamento do «acoso laboral financiado pola Xunta», segundo denuncian.