Centos de mortos e miles de feridos por un tremor de terra en Afganistán

Un tremor de magnitude 6 graos sacudiu o domingo pola noite o leste de Afganistán, preto da fronteira con Paquistán. As autoridades sanitarias locais falan xa de polo menos 800 mortos e máis de 2.800 feridos, aínda que o reconto de vítimas non está claro. O sismo, que foi seguido de varias réplicas, produciuse ás 23.47, hora local, e tivo o seu epicentro a 27 quilómetros ao nordés da cidade de Jalalabad, na provincia de Nangarhar, segundo o Servizo Xeolóxico de Estados Unidos. Tivo unha profundidade de só oito quilómetros. Con todo, os tremores menos profundos adoitan causar maiores danos. Seguíronlle outros dous sismos de máis de 5,2 graos. Os tremores tamén sacudiron a montañosa provincia de Kunar. Témense graves danos en varios distritos da zona. Numerosas casas de adobe e pedra quedarían destruídas. Segundo as autoridades locais, os equipos de rescate están a buscar sobreviventes entre os entullos, pero a zona está pouco urbanizada.

Related posts

Macron nomea a Sébastien Lecornu novo primeiro ministro de Francia

Israel ataca á cúpula de Hamás en Qatar, que denuncia a morte de cinco dos seus membros

Cae o Goberno de Francia: Bayrou perde a moción de confianza