Centos de persoas marchan en Santiago contra a universidade privada de Abanca


Baixo lemas como ‘Recortes á pública, cartos á privada’, ‘Públicas son, públicas seremos, pola privada nunca pasaremos’, centos de persoas secundaron este sábado en Compostela a manifestación convocada pola Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública contra o modelo de ensino universitario privado que quere instaurar Abanca en Galicia. Desde a Plataforma inciden en que este acto non será o derradeiro, e continuarán coas mobilizacións contra o proxecto de universidade que “auspiciada por Abanca e promovida polo goberno do PP na Xunta, pretende implantar un modelo de ensino superior privado no noso país”, denuncian.