Centos de persoas reclaman na Coruña a retirada do plan da eólica mariña


Centos de persoas manifestáronse este sábado na Coruña, fronte á Delegación do Goberno, para esixirlle ao Executivo que retire o Plan de Ordenación de Eólica Mariña (POEM), xa que, ó seu xuízo pode “acabar co sector pesqueiro máis puxante de España e de Europa”. Á concentración, convocada pola plataforma Eólica Así Non, asistiron representantes dalgunhas das 200 entidades sociais do ámbito pesqueiro, ecoloxista e social, non só de Galicia, senón tamén de Asturias e Portugal. O presidente da Plataforma en Defensa da Pesca e os Ecosistemas Mariños, Basilio Otero, afirmou “tentar convencer” ao Goberno de que baixen “da nube na que viven” e, sobre todo, “que nos deixen traballar”. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, afirmou que “vai supor un golpe mortal para a pesca” e denuncia que “queren converter a Galicia nunha colonia enerxética de Madrid”.