Centos de persoas manifestáronse este sábado na Coruña, fronte á Delegación do Goberno, para esixirlle ao Executivo que retire o Plan de Ordenación de Eólica Mariña (POEM), xa que, ó seu xuízo pode «acabar co sector pesqueiro máis puxante de España e de Europa». Á concentración, convocada pola plataforma Eólica Así Non, asistiron representantes dalgunhas das 200 entidades sociais do ámbito pesqueiro, ecoloxista e social, non só de Galicia, senón tamén de Asturias e Portugal. O presidente da Plataforma en Defensa da Pesca e os Ecosistemas Mariños, Basilio Otero, afirmou «tentar convencer» ao Goberno de que baixen «da nube na que viven» e, sobre todo, «que nos deixen traballar». A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, afirmou que «vai supor un golpe mortal para a pesca» e denuncia que «queren converter a Galicia nunha colonia enerxética de Madrid».