Centos de persoas saen á rúa para esixir un novo acordo do ensino en Galicia

Centos de persoas da comunidade educativa, xunto con familias e alumnado saíron á rúa este domingo en Compostela nunha manifestación convocada polos sindicatos CIG-Ensino, STEG e CSIF. Nela esixiron melloras nas súas condicións laborais e escenificaron a división sindical. Consideran que o acordo asinado pola Xunta, CCOO, ANPE e UXT a mediados de outubro non cobre as súas demandas, un acordo que os manifestantes consideran que non é de melloras senón de renuncias. A vindeira mobilización da comunidade educativa está prevista para o vindeiro 28 de novembro cunha nova convocatoria de folga xeral do profesorado.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha