Cerceda abre as inscricións do curso de atención a dependentes


O Concello de Cerceda pon en marcha as inscricións para o curso teórico-práctico de atención a persoas dependentes, que terá lugar durante os meses de outubro e novembro, en horario de 16:00 a 19:00 horas.

Comezará o 18 de outubro e as inscricións poderán formalizarse no 981 68 60 68 ou no departamento de Servizos Sociais. As clases prácticas serán impartidas no Viveiro de Empresas, no Polígono do Acevedo, e haberá tanto parte teórica como práctica domiciliaria.

A concelleira de Servizos Sociais, Catrina Queijo, apunta que “a idea base da que parte esta formación é poder dotar das ferramentas, habilidades e coñecementos necesarios ás persoas que realizan un traballo encomiable e moitas veces na sombra: os coidadores e coidadoras”.