Cerceda abre as inscricións para o Campamento de Nadal 2021 con actividades para a rapazada

1 minutes read

O Concello de Cerceda abriu o prazo para solicitar as inscricións do Campamento de Nadal 2021, con actividades para que a rapazada goce do seu tempo de lecer dun xeito didáctico.

Poderanse solicitar ata o 10 de decembro mediante Rexistro ou por Sede Electrónica. As datas de celebración dos mesmos serán do 22 ao 30 de decembro, e do 3 ao 7 de xaneiro, en horario de 9:00 a 14:00 horas e desenvolverase tanto no centro cívico como no pavillón municipal.

Está pensado para nenas e nenos entre idades de 3 a 12 anos e todas as actividades estarán organizadas baixo un estrito protocolo hixiénico sanitario.