Cerceda abre inscricións para o ‘Bos días cole’ do próximo curso

1 minutes read

O Concello de Cerceda abre o prazo para solicitar o servizo ‘Bos días cole’ para o curso 2023/2024. A prestación do servizo estará supeditada a un mínimo de 13 persoas menores usuarios/as, así como a situacións sobrevidas que poidan darse e que afecten ó seu funcionamento ou posta en marcha. Será ata o 7 de xullo para todo o alumnado matriculado no centro correspondente.

Ofrécese, con este programa, un servizo de monitores e outro de almorzo, e tres tipos de matrícula: menores usuarios/as fixos/as, que poderán facer uso do mesmo de luns a venres; menores usuarios/as fixos/a, por días soltos e que poderán facer uso do mesmo ata un máximo de 12 días ó mes; menores usuarios/as ocasionais, no caso de que queden prazas vacantes.

Tódalas persoas que soliciten o servizo aboarán 10 euros en concepto de matrícula. As persoas usuarias fixas, con matrícula todos os días de semana, poden escoller entre estas dúas opcións: sen almorzo, 30 euros cada mes ou con almorzo, 55 euros cada mes. As persoas usuarias fixas mensuais matriculadas por días soltos, ata un máximo de 12 días, a partir do día 13 aboarase o mes completo. Pódese escoller entre: sen almorzo, por 2,50 euros ó día; e con almorzo, 3,50 euros ó día. As persoas usuarias ocasionais poderán escoller entre dúas opcións: sen almorzo, por 3,50 euros cada día; e con almorzo, por 4,50 euros cada día. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar cos Servizos Sociais do Concello de Cerceda, no 981 686 068.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?