Cerceda abre o período de inscrición ó campamento de verán 2023

1 minutes read

O Concello de Cerceda abre desde este xoves o período de inscrición para o campamento de verán 2023. Extenderase ata o vindeiro 16 de xuño e poderase facer de maneira presencial, nas oficinas municipais en horario de 9:00 a 14:00 horas ou na sede electrónica.

Para máis información, as persoas interesadas poden chamar ao 981 68 50 36. A programación inclúe actividades e merenda de media mañá. Darán comezo o vindeiro 26 de xuño en horario de 9:00 a 14:00 horas. Haberá tres quendas e está dirixido a nenos e nenas escolarizadas ata os 14 anos.

O prezo por quenda será de 50 euros, e para os irmáns ou irmás na mesma, de 30 euros. Os ingresos deberán facerse en calquera das contas bancarias do Concello de Cerceda nas entidades bancarias colaboradoras. Para facer efectiva a reserva de praza no campamento é preciso achegar o xustificante bancaria do pagamento xunto coa solucitude.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?