Cerceda abre o prazo de inscrición para as actividades deportivas e culturais de inverno

1 minutes read

O Concello de Cerceda abriu hoxe, luns 3, o prazo de inscricións para as actividades deportivas e culturais que se realizarán desde o mes de outubro deste ano a maio do 2024. As persoas nadas entre os anos 2012 e 2015 poderán anotarse para as clases de informática ata o 31 de xullo. Por outra banda, tamén abrirá o prazo de inscrición para os cursos sobre o uso de teléfono móbil (dirixido a adultos) ou de activación do corpo e mente do 17 deste mes ao 31 de agosto. As inscricións poderán realizarse de xeito telemático, na web municipal; chamando ao número 981 685 036 ou tamén presencialmente no Rexistro, en horario de 9 a 14 horas.