O Aquapark de Cerceda abrirá as súas portas o vindeiro 11 de xuño polo que se adianta varios días con respecto ao ano pasado. E retrasa tamén o seu peche, ata o 11 de setembro, polo que permanecerá aberto durante tres meses. O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, confirmou hoxe que as entradas poderanse adquirir na web a partir do 28 de maio polo que a instalación acuática estará en perfectas condicións de cara a súa apertura. “Esperamos unha gran afluencia de usuarios este verán”, apuntou o primeiro edil.
O prezo da entrada pola semana sitúase nun prezo de 9 euros de luns a venres para maiores de 12 anos, 6 euros no caso de situarse entre 5 e 12 anos e un euro para menores de cinco anos. Con respecto aos sábados, domingos e festivos o prezo da entrada depende da idade do usuario; 10 euros para maiores de 12 ano; 7 euros para nenos entre 5 e 12 anos, e 2 euros para menores de cinco anos. As instalacións abren de 11:30 a 20:00 horas.
O parque acuático, único en Galicia, conta con máis de 30.000 metros cadrados que acollen unha gran variedade de atraccións, desde piscinas de ondas a tobogáns xigantes para todas as idades.