Cerceda acolle a Poseidon Race no parque acuático con máis de 600 inscritos

O domingo 29, a partir das 10.00 horas, baixo a organización de OCR CERCEDA, terá lugar a Poseidón Race no parque acuático de Cerceda. No evento participarán máis de 600 inscritos. A Poseidón Race Cerceda celebrarase por vez primeira logo do seu aprazamento no 2020 pola Covid 19. Trátase dunha carreira de obstáculos  de 10 quilómetros, e con máis de 40 probas que deberá superar cada participante. Comezará a partir das 10.00 horas e disputaranse en varias categorías. A carreira terá como gran colofón o seu remate nun lugar tan especial como os principais tobogáns do parque acuático de Cerceda. O Concello pide a todas aquelas persoas que se acheguen a ver a diferentes obras deben respectar as indicacións do persoal da organización.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha