22
O Auditorio Municipal acollerá o espectáculo de Mamá Cabra “A música das buguinas”, un concerto didáctico dramatizado narrado a través da historia de Roque, un neno que vive en Moeche e a través do cal o público pode descubrir a música tradicional, cos seus instrumentos máis característicos, así como a vestimenta e a importancia de que un pobo cante.
Será ás 18:00 horas e pódese reservar asento, xa que aínda quedan localidades dispoñibles, na liña de teléfono habilitada 981 68 50 01. Trátase dunha actividade pensada para público familiar.
O evento estará organizado seguindo un estrito protocolo COVID-19, sendo obrigatorio o emprego de máscara sanitaria e poñendo á disposición das e dos espectadores xel hidroalcólico.