Cerceda acollerá unha xornada informativa dirixida a empresas e autónomos

1 minutes read

O Viveiro Industrial de Empresas acollerá o vindeiro 23 de novembro unha xornada informativa dirixida a empresas e autónomos.

Celebrarase de 20:00 a 22:00 horas e a inscrición pódese realizar chamando ao 881 981 553 de 8:00 a 21:00 horas ou enviando un correo electrónico ao enderezo viecerceda@gmail.com.

Trátase dunha actividade organizada pola Cámara de Comercio da Coruña en colaboración co Concello de Cerceda. O contido versará sobre as novas cotas para as persoas autónomas; rebaixas no IRPF e no Imposto de Sociedades; a obrigatoriedade da factura electrónica entre empresas e como beneficiarse do ‘kit’ dixital.