43
O Auditorio Municipal de Cerceda acolleu este domingo a representación teatral da obra «Cubo», da compañía Elefante Elegante. Esta obra xestual dirixida e protagonizada por Gonzalo Guerreiro e María Torres está pensada para todos os públicos, e a mesma transcorre nun cubo de «dous por dous» metros. Evoca a situación de encerramento que todas e todos vivimos para conmemorar a amizade, as separacións, a necesidade de descubrir o mundo, e a aventura de medrar. A obra tivo unha gran acollida polo vecindario cercedense.