O Concello de Cerceda adxudicou por un ano prorrogable o contrato do subministro da enerxía eléctrica para as instalacións, dependencias e alumeado público municipal a Gas Natural. Deste modo, o Concello pasa de estar no mercado regulado ao mercado libre, normaliza administrativamente a situación e evita un recargo do 20% que entrará en vigor no 2024 por estar no mercado regulado.
O alcalde, Juan Manuel Rodríguez, sinala que “esta medida non impulsa directamente ningún investimento, nin implanta ningún servizo adicional para goce da veciñanza, pero é de vital importancia para o bo estado da economía da nosa Administración”, e insiste en que “no final do 2022, derivado da crise enerxética internacional, o gasto eléctrico de cada Kwh consumido polo Concello incrementouse nun 50% con respecto ao inicio desde mesmo ano. O 2023 foi un ano no que, paso a paso, e pese á situación internacional, xa conseguimos reducir o impacto da factura eléctrica nas arcas municipais”.