O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou en Cerceda a empresa Galopín Playgrounds do sector do deseño e fabricación de elementos de xogos, actividade física e mobiliario para uso en espazos públicos, beneficiada pola orde de axudas de DeseñaPeme que ten por obxectivo apoiar ás pemes e as microempresas para que incorporen o deseño aos seus procesos produtivos. Galopin Playgrounds contou cun apoio da Xunta de máis de 44.000 euros, entre os anos 2021 e 2022, para levar a cabo unha gama completa de productos que integren un programa para avanzar na aposta polo deseño mecánico e un sofware de xestión. O proxecto contempla avances na innovación empresarial para deseñar mobiliario con funcionalidades diferenciáis e innovadoras que permitan cubrir as carencias existentes, contempla ademáis avances en termos de sostibilidade creando novos elementos en base a principios de ecodeseño con vidas útiles máis altas e recolle tamén a apertura de novos mercados coa redución de custes de venta e loxísticos.
22