Cerceda | Avanzan a bo ritmo os traballos da senda do Acevedo ao Pao do Lobo


Os traballos de construción da senda peonil que une o Acevedo co Pao do Lobo avanzan a bo ritmo. Esta obra enmárcase no plan polo que o Concello de Cerceda realiza unha aposta forte en favor da mobilidade non motorizada, xa que no último ano se executaron outras actuacións cofinanciadas polo IDAE como as sendas peonís de Ribasoutas, San Vicenzo ou a do consultorio da Silva a Gosende.