Cerceda celebrou o Pleno de Organización

2 minutes read

Logo da celebración do Pleno de investidura, no que tomou posesión Juan Manuel Rodríguez novamente como alcalde do Concello de Cerceda o pasado 17 de xuño, o Salón de Plenos acolleu este luns a sesión de organización, na que se deu a coñecer o organigrama da corporación cercedense para o vindeiro mandato 2023-2027.

Así, por parte do Partido Socialista de Cerceda e equipo de goberno, serán concelleiras e concelleiros da nova corporación o propio rexedor, Juan Manuel Rodríguez, acompañado de Cristina Capelán Cancelo, Francisco Javier Boquete, Jesús Rama, María del Carmen Martínez, Catrina Queijo, Silvia Lois, Ángel Gestal e José Óscar Golán. Por parte do Partido Popular, serán edís David Lamas, Marta Grela e Alfonso Mosquera, e polo Bloque Nacionalista Galego, Alberte Sánchez. As sesións plenarias ordinarias celebraranse os últimos xoves de cada mes impar ás 21:00 horas.

As competencias serán repartidas da seguinte maneira:

  • Cristina Capelán: concelleira de Cultura, Educación e Turismo.
  • Francisco Boquete Cambón, concelleiro de Obras, Urbanismo, Contratos e Vida Saudable.
  • Catrina Queijo: concelleira de Benestar Social, Igualdade e Comunicación.
  • María Carmen Martínez Barreiro, concelleira de servizos de tecnoloxía, dixitalización e innovación.
  • Jesús Rama Bello, concelleiro de Medio Ambiente, Instalacións Deportivas e Persoal.
  • Ángel Gestal, concelleiro de Festas e Medio Rural.
  • Silvia Lois, concelleira de Relacións Veciñais e Comercio.
  • Óscar Golán, concelleiro de Deportes e Dinamización.

A Xunta de Goberno Local estará conformada polas e polos edís Catrina Queijo, Silvia Lois, Ángel Gestal e María Carmen Martínez. Celebraranse as súas sesións ordinarias os mércores de semanas alternas ás 13:30 horas. En caso de ser festivo, trasladarase ao día hábil inmediatamente posterior. As tenencias de alcaldía estarán repartidas da seguinte maneira: a primeira tenente de alcalde será Catrina Queijo; a segunda María Carmen Martínez Barreiro; o terceiro Ángel Gestal Gómez e a cuarta Silvia Lois Fraga.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?