Cerceda | Comeza a construción de beirarrúas na travesía de Abeleira, con cargo ao Plan Único

Cedida.

O Concello de Cerceda deu comezo á construción de 260 metros de beirarrúas na travesía de Abeleira con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña.

Previamente á execución das mesmas, canalizaranse as pluviais, executaranse 7 arquetas con sumidoiro e 7 pozos de recollidas de auga, así como a iluminación pública neste tramo cun tubo de polipropileno verde.

O proxecto, que conta cun orzamento de 37.575,36 euros, supón unha continuación “da liña de traballo do goberno local para mellorar as comunicacións e optimizar as infraestruturas por e para a nosa veciñanza”, sinala o alcalde, Juan Manuel Rodríguez.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha