O Concello de Cerceda deu comezo ós traballos da senda peonil que conectará o núcleo urbano co Centro de Saúde, para continuar mellorando as conexións cos centros educativos e sanitarios -como así se fixera na contorna do CPI O Cruce- e prestar mellores servizos á veciñanza
As intervencións contan cun orzamento de 21.116,71 euros con cargo ao Plan Complementario da Deputación da Coruña. Terá 200 metros de lonxitude e 2 metros de ancho na marxe dereita. Contémplase tamén o retranqueo de 180 metros de pechamento de postes de formigón e arame.
O alcalde, Juan Manuel Rodríguez, resaltou que “con esta intervención buscamos unir un edificio público de gran trascendencia para a vida das persoas co núcleo urbano, un avance moi importante en materia de accesibilidade”.