O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, asinou os convenios de colaboración entre o Concello e máis dunha vintena de asociacións culturais e deportivas do municipio. Deste xeito, o Concello achega máis de 44.000 euros a estas entidades. Rodríguez destacou o traballo que levan a cabo e o obxectivo destas subvencións.
“Estas achegan amosan o compromiso do Concello de Cerceda coas nosas entidades con fin de que poidan continuar coa seu inestimable labor na promoción do deporte e da cultura do noso municipio. Debemos poñer en valor o labor das entidades, que contribúe positivamente á imaxe de Cerceda”.
O salón de plenos acolleu a sinatura de entrega das subvencións municipais nun acto no que estivo presente tamén o edil de Deportes Jesús Rama, e a concelleira de Cultura, Cristina Capelán.
Presentáronse 18 solicitudes de asociacións deportivas, cinco solicitudes de asociacións culturais e unha solicitude dun deportista de elite.