Cerceda conmemora o 17 de maio cunha homenaxe visual a Rosa e Adolfina Casás

Este sábado 17 de maio, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, tivo lugar, ás 11:00 horas, a inauguración do mural das Cantareiras, unha homenaxe visual a Rosa e Adolfina Casás, pero tamén a todas as mulleres que ao longo da historia mantiveron viva a tradición oral e musical galega a través do canto popular. A obra, situada nun lateral do auditorio cercedense, pretende ser un recoñecemento colectivo á forza da memoria e da identidade cultural transmitida de xeración en xeración.

O acto contou coa actuación do grupo de pandeireteiras locais A Xunqueira das Encrobas, que encheron o ambiente co son tradicional das súas voces e instrumentos, poñendo en valor o patrimonio inmaterial que representa a música galega. Esta celebración enmárcase nunha xornada chea de contidos culturais que continuou ás 12:00 horas no propio auditorio coa actividade «Contacontos As Cantareiras», dirixida a todos os públicos, e que busca seguir espallando o legado da oralidade galega.

Related posts

A Deputación da Coruña e Orgullo Galego presentan unha nova edición do programa ‘O galego e as redes sociais’

Espazo Común afirma que o Sergas responde á falta de médicos en Mazaricos con «papel mollado» e escusas burocráticas

Oito empresas presentan ofertas á Xunta para o cambio de cuberta do CPI O Cruce de Cerceda