Cerceda conmemorará o 25N coa lectura do manifesto institucional e teatro

PIXABAY

O Concello de Cerceda conmemorará o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres coa lectura do manifesto institucional e a obra de teatro ‘A princesa aventureira’.

Convocarase á veciñanza o mesmo 25 de novembro no Auditorio Municipal ás 12:00 horas. Un día despois, a mencionada obra de teatro, tamén neste espazo, ás 11:30 horas para público familiar e nunha obra que versa sobre a importancia de educar en igualdade.

Desde a Administración local animan “a todas as veciñas e veciños a participar nun acto que nos implica a todas e todos como sociedade para, con esforzos individuais, intentar acadar a igualdade entre homes e mulleres”.