Cerceda contacta coa inspección educativa territorial para mellorar a xestión das súas escolas

O goberno local contacta coa inspección educativa territorial para mellorar a xestión das escolas de Cerceda, en prol dunha solución o máis vantaxosa posible para todas as persoas afectadas.

As concelleiras Catrina Queijo e Cristina Capelán trasladáronlle as demandas da comunidade educativa o xefe territorial, Indalecio Cabana. Tras varias conversas entre o Concello e a Xunta de Galicia, definirase a área de influencia de maneira equitativa, quedando do seguinte xeito: o CPI O Cruce acollerá o alumnado que curse Educación Infantil e Primaria das parroquias de Cerceda, Meirama e as Encrobas. O CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro, paralelamente, acollerá á rapazada de Educación Infantil e Primaria das parroquias de Rodís, Xesteda e Queixas.

Disporase, con todo, dos mesmos servizos complementarios, comedor de transporte, aínda que de momento tan só lle afectaría ás novas matrículas. A edila comenta que “estamos agardando concrecións por parte da entidade autonómica para poder definir claramente a estratexia que seguiremos de cara un novo curso escolar”, comentou.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha