Cerceda convoca o II Certame de Fotografía Letras Galegas 2022

1 minutes read

Con motivo do Día das Letras Galegas 2022, dedicadas a Florencio Delgado Gurriarán, o Concello de Cerceda convoca o II Certame de Fotografía Letras Galegas 2022, onde lectura e natureza van da man.

Os participantes achegarán unha fotografía do seu recuncho natural favorito e do seu libro favorito na nosa lingua ao correo electrónico cultura@cerceda.es.

A imaxe deberá conter de xeito claro o libro que se está a ler, en lingua galega e o espazo, situado dentro do concello, no que se atopa. Deberá ir acompañada dos datos persoais da persoa que aparece na fotografía: nome, apelidos e idade. Ademais, a persoa que achegue a fotografía debe ser maior de idade e estar empadroado no concello. E a imaxe conterá  o título da fotografía e unha frase que resuma o motivo da elección do libro e lugar

Os interesados poden participar a partir deste sábado 14 de maio ata ao venres 20 de maio ás 14.00 horas.

A imaxe premiada no certame de fotografía recibirá un libro electrónico.