O Concello de Cerceda abre o seu Aquapark, único en Galicia, con máis de 30.000 metros cadrados e cunha gran variedade de atraccións, adaptadas a diferentes idades. A tempada comeza este sábado e alongarase durante tres meses, ata o 11 de setembro. As entradas xa se poden mercar a través da páxina web do parque acuático-www.aquaparkcerceda.es-.
Nas dúas pasadas tempadas de verán, por mor da COVID 19, o parque acuático abriu as súas portas adaptado ás diferentes medidas sanitarias. A tempada 2022 estará suxeita as medidas vixentes, e coas ganas de que todas as persoas que se acheguen o fagan dun xeito seguro.
O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, espera recibir a milleiros de usuarios chegados de todas partes de Galicia. “Durante os últimos meses estivemos facendo unha posta a punto do parque para que estivese nas mellores condicións. Xa está todo preparado para recibir mañá aos primeiros visitantes ao noso parque. Cremos que será unha boa tempada”, afirmou.