Xa se deu a coñecer a programación íntegra da Feira das Nenas, que se celebrará os días 15 e 16 de abril na Silva. Haberá degustacións de balde, exhibicións de vehículos todoterreo, demostracións de esculturas de madeira realizadas con motoserra, música, paseos en carruaxe, Feira Cabalar e unha sesión de fogos artificiais.
A cita arrincará ás 10:00 horas do sábado 15 de abril coa apertura da Feira con bombas de palenque e pasarrúas coa Charanga ‘Os Celtas’. Ás 11:00 horas haberá unha degustación de balde de mexillóns na praza e nos locais de hostalaría durante toda a mañá. Á mesma hora chegarán os vehículos todoterreo cunha exhibición durante toda a xornada. Tamén unha demostración de esculturas de madeira con motoserra, a cargo de Eugenio Linares.
Inaugurarase o evento de xeito oficial a cargo das autoridades ás 11:30 horas. Ás 14:00 horas, sesión vermú a cargo do ‘Grupo Atenas’. Ás 16:00 horas, paseos en carruaxe pola Silva durante toda a tarde. Ás 17:30 horas celebrarase o I Festival Folclórico ‘Feira das Nenas’, a cargo da agrupación folclórica ‘Cantigas e Agarimos’. Pechará a xornada a verbena a cargo do ‘Grupo Atenas’, a partir das 22:30 horas.
Xa o domingo, ás 10:00 horas comezará a Feira Cabalar, coa recepción dos cabalos e xinetes. Ás 11:00 horas, concurso morfolóxico oficial puntuable para a XXII Copa Galicia de Cabalos e Eguas. Desde as 12:00 ata as 16:3o horas, que se entregarán os galardóns, desputaranse tamén concursos morfolóxicos e de andadura galega tradicional.
Paralelamente, ás 10:00 horas comezará a feira tradicional e o pasarrúas coa charanga ‘Os Atrevidos’. Ás 12:00 horas a ruada de AC. Folque Ruada da Silva. Ás 13:00 horas, reparto de bolos preñados na praza e nos bares da Silva e ás 14:00 horas, para pechar a xornada matinal, a sesión vermú a cargo do grupo ‘Unión y Fuerza’.
De tarde, ás 17:00 horas presentarase a ‘Parella Feira das Nenas 2023’ a cargo de Raquel Atanes e Juan Fuentes. Ás 17:30 horas, espectáculo co ‘Burro Marcial’. Ás 18:15 horas, exhibición de estlo libre con Paulo Martinho. Ás 20:00 horas, actuación do grupo ‘Unión y Fuerza’. Ás 21:00 horas actuación da orquestra París de Noia. Ás 23:00 horas, sesión de fogos artificiais e ás 23:30 horas, remate da Feira das Nenas 2023 coa orquestra París de Noia.
