0
A actividade foi implementada o pasado ano co obxectivo de difundir a práctica deportiva e lúdica ás persoas adultas de Cerceda. Os lugares escollidos para realizar as actividades foron a contorna do Parque Acuático, o Xardín Botánico ou o Paseo Fluvial, nas que as persoas inscritas puideron practicar ximnasia de mantemento, ‘step’, ioga ou cachibol.
O alcalde, Juan Manuel Rodríguez, e a concelleira de Benestar Social, Catrina Quejo, acompañaron á veciñanza na derradeira xornada desta actividade, agradecéndolle a súa implicación e agardando unha nova participación na edición de 2024.