Cerceda deulle a benvida ao Nadal co tradicional aceso da iluminación

0 minutes read

O Concello de Cerceda deulle na tarde deste sábado a benvida ao Nadal 2023/2024 co tradicional aceso da iluminación destas Festas.

Desde as 16:30 horas desenvolvéronse sendos talleres de abelorios na Silva e Cerceda, onde a veciñanza puido decorar as árbores de Nadal das prazas da Feira das Nenas e na praza do Campo da Feira, respectivamente.

Ademais, houbo chocolate con churros cunha fin solidaria: contribuír á causa impulsada pola Asociación Española contra o Cancro da Coruña. Máis de 300 veciñas e veciños acudiron a ambas citas nos dous núcleos de poboación.