Cerceda | Dispositivo especial de seguridade pola celebración do Rallye A Coruña

1 minutes read

O Concello de Cerceda porá en marcha un dispositivo especial de seguridade con motivo da celebración do 26º Rallye A Coruña, proba inaugural do Campionato Galego de Rallyes.
O termo municipal acollerá un tramo de 10 quilómetros da proba automobilística na súa segunda xornada, a do sábado. O Concello procederá a pechar as pistas polas que pasa o treito desde as 16.00 horas ata as 23.00 horas.
Os participantes reuniranse o vindeiro sábado 19 de marzo na Praza do Campo da Feira de Cerceda, onde se realiza o reagrupamento, de 15 á 20:45 horas.
Co fin de garantir a seguridade e de maximizar a precaución dos espectadores e dos veciños e veciñas de Cerceda a organización lembra a importancia de seguir todas as indicacións e respectar os sinais colocados para a celebración da proba.
Os responsables municipais aseguran que entidade organizadora desta competición automobilística avaliou as medidas especiais de regulación e ordenación de tráfico no municipio e no resto da bisbarra pola que discorre a proba.
A organización destaca a importancia que os afeccionados se sitúen en lugares afastados da traxectoria dunha posible saída de vía dalgún participante e, ademais, “non situarse diante de elementos sólidos como muros de pedra, árbores, vehículos ou contedores”.