Cerceda e Santa Comba, feudos socialistas na entrada á Costa da Morte

1 minutes read

Alberto Romar Landeira foi proclamado alcalde de Santa Comba no pleno de investidura celebrado este sábado a tal efecto. O xa alcalde pediu e ofreceu colaboración e humildade para dar resposta positiva aos máis de 2.800 apoios recibidos o pasado 28M, e prometeu gobernar para todos. Mostrou o seu agradecemento aos votantes, aos presentes e en especial a súa familia. A elección tivo lugar no salón de plenos ateigado de público.

Por outra banda, Juan Manuel Rodríguez, foi elixido alcalde no pleno de constitución da nova corporación do Concello de Cerceda logo da celebración de eleccións municipais do pasado 28 de maio. O candidato socialista foi o único que presentou candidatura. Recibiu os votos dos concelleiros do PSOE (9), así como a abstención dos concelleiros do PP (3) e BNG (1).

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?