Cerceda entrega unha nova dotación de máscaras sanitarias en centros escolares

1 minutes read
Cedida.

O Concello de Cerceda fixo entrega dunha nova dotación de máscaras sanitarias destinadas á rapazada e profesorado dos centros escolares CPI O Cruce e CEIP Celso Emilio ferreiro, e facer fronte así á etapa final do trimestre.

O alcalde, Juan Manuel Rodríguez, a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Catrina Queijo, e a edila de Educación, Cristina Capelán, acudiron ao centro para achegar o material, e quenes aseguraron que “é imprescindible estar ao carón das familias nestes tempos, onde o contexto sanitario é máis favorable”, aseverando que “aínda non pasou a pandemia e temos que coidarnos e coidar dos demais”.

As máscaras atópanse dentro do POS Social de axuda as familias e nelas déixase ver a figura da moucha máis famosa de Cerceda, Anacleta.