Cerceda festexou este martes o Entroido por todo o alto con inchables para os máis pequenos, obradoiros e chocolate con churros.
Pinturas, globoflexia e aprender a facer chapas foron os talleres que se impartiron no Polideportivo. As máis pequenas e pequenos deixáronse ver ao longo de toda a tarde coas súas espadas ou cadeliños feitos con globos, e desfrutaron realizando formas co metal e pintando.
Este espazo acolleu á veciñanza, ataviada coas mellores galas para festexar en familia unha data senlleira no calendario galego. Preto de medio milleiro de veciñas e veciños de Cerceda desfrutaron deste martes de Entroido.
Así, puidéronse ver disfraces de princesas, paiasos, vaquiñas, ‘Miércoles’ de la Familia Addams, militares, arlequíns, Super Mario, Son Goku, Harry Potter, mimos, bombeiros, abelliñas ou indios.