Cerceda financia a ampliación da rede de saneamento de Xesteda co Plan Único da Deputación


A Deputación da Coruña financia a través do Plan Único a ampliación da rede de saneamento da parroquia de Xesteda ata o cruce cara Londoño, no concello de Cerceda. O orzamento da iniciativa é de 55.126,77 euros, que serán achegados ao 100% polo ente provincial. As actuacións permitirán ampliar a rede de Xesteda coa execución de 735 metros de canalización en tubaxe PVC de 315 milímetros de diámetro e a instalación de 14 pozos de rexistro. As obras tamén incluirán a reposición de pavimentos afectados. A obra atópase en fase de licitación e as empresas interesadas poderán presentar propostas ata o 8 de febreiro de 2021. O prazo de execución será de 6 meses. Desde a súa creación, o POS+ financiou a execución de 2.257 obras nos municipios da provincia