Trátase da construción de dúas sendas peonís na estrada AC-400 ao seu paso polos lugares de Albarda e Toural. Ambas as dúas sendas serán financiadas íntegramente con fondos do Plan Único.
A senda de Albarda terá 300 metros de lonxitude, discorrendo entre os puntos quilométricos 17+580 e 17+ 880. Construirase en formigón prefabricado e dotarase de sistema de recollida de pluviais e preinstalación para alumeado público. Ao longo do novo percorrido peonil colocaranse dous bancos de granito e plataranse dúas árbores de sombra.
No caso de Toural, a senda, de 700 metros de longo e dous de ancho, discorrerá tamén polas marxes da estrada autonómica AC-400 entre os puntos quilométricos 28+810 e 29+515. O pavimento executarase en zahorra e formigón e contará tamén con drenaxe e preinstalación para o sistema de alumeado público.