Cerceda impulsa a recollida de produtos para o Carriño Solidario de Nadal


O Concello de Cerceda impulsa a recollida de produtos de alimentación, aseo e hixiene para o Carriño Solidario de Nadal en colaboración cos establecementos do municipio.

Desde o departamento de Servizos Sociais lanzouse un ano máis esta iniciativa, que deu comezo hoxe e que estará en vigor ata o día 15 de decembro. Os produtos a recoller van desde latas de conserva, produtos para merendas ou almorzos, papel hixiénico ou xampú.

A concelleira de Servizos Sociais, Catrina Queijo, quixo agradecer “de antemán a colaboración e implicación tanto da veciñanza como dos establecementos colaboradores desta iniciativa, na que se amosará novamente a solidariedade de toda Cerceda”, avanzou.