Cerceda impulsa un curso de socorrismo do 12 de xuño ao 4 de xullo

1 minutes read

O Concello de Cerceda impulsa un curso de socorrismo do 12 de xuño ó 4 de xullo para as persoas de 18 ou máis anos. Os requisitos básicos son: ter máis desta idade; estar en posesión de, como mínimo, a certificación académica da ESO e superar a proba práctica de acceso ó mesmo.

A inscrición poderá realizarse en fessga@fessga.es achegando a documentación necesaria, e para máis información poderase contactar nos teléfonos 981 97 71 20 ou no 091 68 50 01 extensión 9.

Para a proba de acceso, a persoa aspirante situada na banqueta de saída da piscina introducirase na auga e mergullarase ata o fondo da piscina, mínimo a 1,60 metros de profundidade. A continuación percorrerá en apnea prolongada unha distancia de 15 metros. Ascenderá á superficie e completará os primeiros 25 metros nadando a estilo libre e posteriormente percorrerá 25 metros a estilo crol coa cabeza fóra , mantendo a visión do exterior, a orientación e a observación da contorna.

Seguidamente realizará 5o metros a estilo braza, despois porá as aletas situadas nun extremo do bordo do vaso da piscina manténdose en flotación dinámica e percorrerá 50 metros nadando de costas. Seguirá 50 metros nadando a estilo crol dándose por finalizada a proba.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?