Cerceda | Inaugurada a Feira das Nenas da Silva

1 minutes read

O alcalde de Cercerda, Juan Manuel Rodríguez, inaugurou na mañan deste sábado a tradicional Feira das Nenas da Silva, que tamén conta cunha feira multisectorial. Houbo bombas de palenque, charangas, pasarúas e degustacións, tanto no campo da festa como nos bares da vila. Este sábado tras a sesión vermú, haberá paseos en carruaxe, festival folclórico e verbena co grupo Atenas.

O prato forte será este domingo

Ás 10:00 horas comezará a Feira Cabalar, coa recepción dos cabalos e xinetes. Ás 11:00 horas, concurso morfolóxico oficial puntuable para a XXII Copa Galicia de Cabalos e Eguas. Desde as 12:00 ata as 16:30 horas, que se entregarán os galardóns, desputaranse tamén concursos morfolóxicos e de andadura galega tradicional.

Paralelamente, ás 10:00 horas comezará a feira tradicional e o pasarrúas coa charanga ‘Os Atrevidos’. Ás 12:00 horas a ruada de AC. Folque Ruada da Silva. Ás 13:00 horas, reparto de bolos preñados na praza e nos bares da Silva e ás 14:00 horas, para pechar a xornada matinal, a sesión vermú a cargo do grupo ‘Unión y Fuerza’.

De tarde, ás 17:00 horas presentarase a ‘Parella Feira das Nenas 2023’ a cargo de Raquel Atanes e Juan Fuentes. Ás 17:30 horas, espectáculo co ‘Burro Marcial’. Ás 18:15 horas, exhibición de estilo libre con Paulo Martinho. Ás 20:00 horas, actuación do grupo ‘Unión y Fuerza’. Ás 21:00 horas actuación da orquestra París de Noia. Ás 23:00 horas, sesión de fogos artificiais e ás 23:30 horas, remate da Feira das Nenas 2023 coa orquestra París de Noia.