O Subsector da Agrupación de Tráfico da Garda Civil da Coruña, por medio do Equipo de Atestados da Unidade, investigou ao condutor dun turismo que o día 21 de decembro chocou con outro vehículo resultando falecido o seu condutor, un home de 61 anos veciño de Tordoia que viaxaba nun Seat Ibiza. O accidente produciuse na estrada AC-413 (Ordes-Carballo) no lugar da Tablilla.
O coche do do falecido realizaba un xiro permitido á dereita para acceder a unha estación de servizo, cando o vehículo do investigado realizaba unha manobra de adiantamento, chocando frontolateralmente contra o outro turismo, resultado unha persoa falecida e outra ferida grave.
Unha vez solicitadas todas as probas, por parte do equipo de Atestados procedeuse a investigar ao referido condutor por un delito de homicidio por imprudencia grave, e outro contra a seguridade viaria por “conducir un vehículo de motor baixo a influencia de bebidas alcohólicas” implicado nun sinistro viario.
O investigado un home de 49 anos de idade e veciño de Cerceda, quedou ao dispor do xulgado de Garda da Coruña.