O Concello de Cerceda mellorará e ampliará un viario en Sobredafonte, en Cerceda, e o acceso en Carballal, en Rodís. Ambas actuación contarán cun orzamento base de licitación de 102.077,23 euros e dun prazo de seis meses para a súa execución.
Para a primeira, preténdese pavimentar o camiño e as correccións das curvas existentes nunha lonxitude de 175 metros, con triple tratamento asfáltico nun ancho de 5 metros, previo emprego de 15 centímetros de zahorra nun ancho de 5,5 metros e 15 de grava nun ancho de 5,15 metros. Previo á execución do pavimento, contémplase a execución de zanxa para saneo dunha lonxitude de 6 metros e 3,5 metros de ancho.
Inicialmente, executarase un muro a pé de talude de pedras de granito de 45 metros de lonxitude e 3 metros de alto para a contención de terras. Completarán a obra a execución de 145 metros de cuneta de seguridade, revestida de formigón e canalización de 34,50 metros de tubaxe de formigón e a execución dunha embocadura para a recollida de pluviais, a colocación de 78 metros de barreira de seguridade para protección e a sinalización vertical con colocación dun sinal de stop.
No que respecta ó acceso en Carballal, en Rodís, preténdese a mellora da capa de rodaxe en toda a plataforma deste camiño, previa reparación de baches e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo.
Realizaranse limpezas nas gabias e salvagabias, así como a execución de 10 metros de caz de formigón con reixa para a correcta drenaxe lonxitudinal e transversal, así como a sinalización vertical cua colocación dun sinal de stop. O acalde, Juan Manuel Rodríguez, sinala que estas actuación “son obras que se suman aos 5 millóns de euros que se executaron durante os tres anos anteriores, en accesos, mobilidade peonil, iluminación ou saneamento”, engadindo que “temos neste momento un paquete de máis dun millón de euros xa adxudiadas ou en trámite de contratación, o que marca a liña continuista do gran pulo en investimentos que vive Cerceda”.