Cerceda | Nova demolición controlada na central de Meirama

Cada vez queda menos da central térmica de Meirama, en Cerceda. Este mércores houbo unha nova demolición controlada, que acabou coas cintas transportadoras e co almacén de hulla. É a terceira desde decembro do ano pasado. Agora xa só quedan en pé a enorme caldeira e dous depósitos de almacenamento de hulla e lignito, que se demolerán, se todo vai segundo o previsto, entre setembro e outubro deste ano.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha