39
O Concello de Cerceda convoca a toda a veciñanza que así o desexe a participar na festa de disfraces do vindeiro día 1, actividade coa que se dará a benvida o Entroido na localidade. Será no Pavillón Municipal, en horario de 16:00 a 20:00 horas e haberá xogos inchables, obradoiros, fotomatón e ata unha merenda. Estará organizado baixo a máis estrita normativa COVID-19. Desde o Consistorio, animan á veciñanza a acudir a esta cita “ben guapas e guapos” para poder desfrutar con total seguridade dunha festividade xenuína en Galicia.