Cerceda organiza para o día 28 de setembro unha xornada sobre a Transición Xusta

Foto.- Central de Meirama_Cerceda.

O Concello de Cerceda, en colaboración co Instituto de Transición Xusta, organizará o vindeiro 28 de setembro unha xornada para empresas e persoas autónomas sobre a Transición Xusta. Será no Viveiro Industrial de Empresas, no Polígono Industrial do Acevedo, de 11:00 a 13:00 horas.

Entre os temas que se abordarán está o borrador das bases de axudas que impulsarán a xeración de novas actividades e a diversificación económica a través do apoio a novas iniciativas empresariais ou a proxectos de inversión que xeren ou manteñan o emprego nas zonas afectadas polo peche de centrais térmicas.

Para confirmar asistencia, as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 881 981 553, de 8:00 a 21:00 horas ou enviar un correo electrónico ao enderezo viecerceda@gmail.com.