Cerceda | Parabéns á ‘señora Carmiña’ no día do seu 103 cumpreanos

0 minutes read

O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, e a concelleira de Benestar Social, Catrina Queijo, felicitaron a Carmen García Calvo, a «señora Carmiña» no día do seu 103 cumpreanos.
Carmen mostrouse contenta de chegar a súa idade con tan bo estado de saúde, cun sorriso, saíndo a pasear e lendo o periódico case a diario. 
Así, desde o Concello de Cerceda quixeron acompañala nesta data tan sinalada e brindarlle un centro de flores como agasallo.