Cerceda | Peregrinación a Caión o vindeiro 3 de setembro

0 minutes read

O Concello de Cerceda pon a disposición da veciñanza as inscricións para a peregrinaxe a Caión o vindeiro 3 de setembro. Poderán facerse efectivas no teléfono 981 68 50 01 en horario de 9:00 a 14:00 horas. A saída será ás 7:00 horas da mañá desde o Campo da Feira de Cerceda o mesmo día. Haberá avituallamento para todas as persoas que participen na actividade e estarán acompañadas polo equipo de Protección Civil da vila cercedense.