28
O Concello de Cerceda prepara unha andaina pola Vía Verde o vindeiro 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da violencia contra as Mulleres.
As persoas interesadas poderán anotarse ata o día 17 de novembro no teléfono 981 68 60 68. Comezará ás 10:00 da mañá e ao remate haberá unha lectura dun manifesto institucional no Xardín Botánico.
Está preparada para todos os públicos, nunha data conmemorativa, e recoméndase levar calzado cómodo. O seu desenvolvemento dependerá das condicións climatolóxicas.