Cerceda presenta a axenda cultural deste verán

1 minutes read

O Concello de Cerceda presenta a súa programación cultural para os meses de xuño, xullo e agosto. Teatro, cine e maxia capitalizan a escolma de actividades para público familiar os meses de verán.

Así, dará comezo o domingo 25 de xuño ás 12:00 horas con “Teatro ó cubo”, no Xardín Botánico. En caso de chuvia será no Auditorio de Cerceda. O domingo 9 de xullo, ás 11:00 horas, quenda para “Tonto, loco y salvaje”, tamén unha obra de teatro para público familiar que se celebrará no Auditorio Municipal de Cerceda.

En agosto, dúas citas para marcar no calendario. A primeira, o día 9 deste mes, co filme “Los Mitchells contra las máquinas”, ás 22:30 horas no Campo da Feira de Cerceda. O sábado 26, para pechar a programación estival, o Mago Antón estará no Campo da Feira da Silva ás 12:00 horas e no Campo da Feira de Cerceda ás 18:00, 19:00, 20:00 e 21:00 horas co seu espectáculo “A volta a Galicia en 313 concellos”. Non é necesario reserva previa para ningún dos espectáculos.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?