O Concello de Cerceda programa unha serie de actuacións para os vindeiros meses que consisten na mellora de accesos, sendas e pistas cun orzamento total de 208.000 euros.
O alcalde, Juan Manuel Rodríguez, sinala que este compendio de actuacións “son obras que se suman aos 5 millóns de euros que se executaron durante o 2020, 2021 e 2022, en accesos, mobilidade peonil, iluminación, ou saneamento. Temos neste momento un paquete de máis dun millón de euros xa adxudicadas ou en trámite de contratación, o que marca a liña continuista do gran impulso de inversión vivido en Cerceda”.
Dentro destas actuación destaca a senda, proxectada polo goberno local, que conectará Piñeiro co campo de fútbol de O Roxo; a mellora na seguridade viaria en Morzós; no acceso á Pociña e ó Calvario; nos accesos á Capilla; as melloras na pista da Brea o embalse de Xesteda; nos accesos en carril e a optimización do acceso á Fonte.
O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, sinala que este compendio de actuacións “responden ás demandas veciñais dos núcleos de poboación nas que se levarán a cabo, e suponen unha mellora importante na prestación de servizos, o que implica un aumento na calidade de vida dos habitantes destes lugares”, sinala.